El Correo Gallego

01/08/1878, Xornal, Ferrol - Santiago de Compostela

El Correo Gallego é un xornal que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol. O primeiro número saiu o 1 de agosto de 1878. En outubro de 1938 trasladouse a Santiago e fusionouse con El Eco de Santiago. En 1967 fusionouse con La Noche. No campo literario o grupo El Correo, a través da Editorial Compostela, é responsábel da Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións como primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá.