La Centuria

06/1917, Revista, Ourense

A revista "La Centuria" foi fundada en Ourense no 1917 por Arturo Noguerol e Primitivo Rodríguez Sanxurxo. Nace como un intento de expresión modernista desde a provincia. Un repaso superficial aos sete números saídos entre xuño de 1917 e xullo de 1918 permite constatar o heteroxéneo da súa liña: nela cabe a poesía, a estética, a filosofía, a historia, os temas xuridico-sociais... incluso a política, aínda que só fose nos extravagantes horóscopos de Beta Herculis (P. R. Sanjurjo). Tal disparidade quere unificarse no concepto de neosofía, definido vagamente en varios números. Como o "Pronaos" nos ensina, había ser o saber resultante da actitude intelectual do novo século, respondendo ao dereito do home moderno "de ver el mundo con un espíritu recién nacido"

Nesta revista participan intelectuais da época como Vicente Risco ou Otero Pedrayo,