La Temporada en Mondariz foi un semanario publicado en Mondariz entre 1888 e 1931.
Apareceu en xuño de 1888. Repartíase gratuitamente todos os domingos da temporada do verán entre os clientes do balneario de Mondariz. Imprimíanse, por termo medio, dezasete números anuais. A partir de 1924 reserváronse moitos espazos para o galego. En 1925 cambiou o seu formato polo de revista. Colaboraron na publicación Alfredo Vicenti, Celso G. de la Riega, Manuel Murguía, Aurelio Ribalta, Francisco Camba, Ramón Cabanillas e Federico Maciñeira. Entre os colaboradores literarias figuraron Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Amado Carballo, Manuel Antonio e Aquilino Iglesia Alvariño en poesía, e Vicente Risco e Ben-Cho-Shey con textos en prosa. Cesou a súa publicación en setembro de 1931.