Libredón (Colección)

, Revista

Colección aberta, non só a escritores galegos, senón tamén a escritores portugueses, e un dos seus fins era espallar os seus exemplares fóra de Galiza, fundamentalmente na colonia galega de América. Entre as obras aquí publicadas podemos citar a Conceición singela d'o ceo de Evaristo Correa Calderón, Segredo d'amare de Antón Vilar Ponte ou Mariña Andrade de X. de Pardo.