Ronsel

1924, Revista, Lugo

Ronsel fixo a súa aparición en Lugo e publicouse mensualmente entre maio e outubro de 1924. Os seus directores eran Evaristo Correa-Calderón e Alvaro Cebreiro, destacando entre os seus colaboradores galegos Manuel Antonio, Castelao, Luís Pimentel, etc., pero tamén encontramos algúns dos nomes estranxeiros que xa publicaran en Alfar. A orientación vangardista de Ronsel permitía que escritores de diversas tendencias tivesen cabida nela, xa que logo estamos a falar dunha publicación plurilingüe, como outras de mesmo estilo que se publicaban no momento

Fondos: Biblioteca da Real Academia Galega 
RONSEL. Lugo, 1924. Revista mensual dirixida por Evaristo Correa Calderón. Editou seis números. Na súa parte gráfica colaboraron Alberto, Ángel Johan, Barradas, Norah Borges, Castelao, Cebreiro, Lacasa, Frederic Macé e Benjamín Palencia. También contou cunha editorial na que se publicaron  libros de Xesús Bal, Xosé Antonio Correa. Existe reedición facsimilar (Barcelona, Sotelo Branco, 1982). Nesta inclúese un número conmemorativo do editado por Correa Calderón en 1974, con textos do editor, Antonio Bonet Correa ou Víctor García de la Concha. Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, El arte nuevo y las revistas de creación en Galicia (1918-1936). Ronsel (Lugo 1924), una revista “ecléctica”, en Abrente 40-41, 2008-9. 

Información recollida na páxina web :  http://ilustracionengalicia.webs.uvigo.es/revistas.php

Traducida.