De periodicidade quincenal publicouse en Bos Aires dirixida polo pontevedrés Joaquín Pesqueira. Os contidos eran noticias de Galiza e sobre persoeiros galegos con abundantes críticas á situación social do país. Foron colaboradores da revista, Castelao, Murguía, Pondal, Brañas. Contiña numerosas caricaturas e debuxos de Castelao.