Unión Libre. Cadernos de vida e culturas é unha revista de creación e pensamento aberta a temas vitais e interculturais da Galiza e do mundo dende unha perspectiva libertaria, con especial atención á memoria histórica e cun deseño artístico integral.
Coordinada dende Lugo por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, conta cun comité de redacción internacional composto por Xosé Luís Axeitos, Vsévolod Bagno, Diana Conchado, Carme Junyent, Lily Litvak, María Lopo, Kathleen N. March e Olga Novo.