Alegoría

Representación continuada de termos imaxinaros que se corresponden a termos reais, formando un conxunto global de significación metafórica. Implica, polo tanto,unha sucesión de metáforas.

EXEMPLOS

No castelo que se alza nun rochedo da serra,
onde esquece os traballos e os estrondos da guerra,
Rei Artur, fazañoso, xunta os  seus cabaleiros,
en  virtude os mellores e na loita os primeiros,
amparo dos humildes, espellos de lealdade,
sonados de valentes en toda a cristiandade.
Desque xuntos os vira, ten gran contentamento
e arredor de unha mesa failles honra de asento.
Rei Artur por cabeza,como máis principal,
Gundemaz de unha banda e de outra Parsifal,
soio resta baleiro un sitial enloitado
no que reza este nome: “Galahaz, o Esperado