Asonancia

Tipo de rima que consiste na igualdade de sons vocálicos a partir da última vogal acentuada, en dúas ou máis palabras.

EXEMPLOS

Da alma no fondo
eu levo unhas cordas,
que a cada momento
soando están soas:
se estou vixiando
ocúpanme as horas;
se en plácido sono
os membros repousan,
axítanse insomnes,
xa doces, xaroucas