É un tropo que consiste en relacionar dous elementos en virtude dunha analoxía entre eles. Normalmente a relación exprésase mediante o nexo como ou coma ou locucións comparativas. Tamén se chama símil.
O vento e o mar berraban
Coma cans adoecidos.
Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves.
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles