Anadiplose continuada en que se retorna en cada verso ou frase á última palabra do anterior.
Dos vencidos na guerra dos servos nazan cen herbas longas.
Longas señan as voces de chorar coma espadas.
Espadas as tronzadas para sempre en Galicia!
En Galicia a palabra de Roi.
De Roi o Xordo, o Pai, o Xefe, a palabra de ferro.
De ferro as iras dos poderosos, dos que eu non amo.