Estrambote

Versos engadidos ao remate dunha combinación métrica regular, tamén chamados cola.

EXEMPLOS


Turbas corran as Agoas, poña luto
o Ayre denso, en merancoria tanta
queyme o Fogo a Terra, que sin pranta
negue a o fortuno ano seu trebuto,

Mentras a Porçia do Philippo Bruto
en os hombros da fama sacrosanta
se yrgue á o Ceo, que sua groria canta
collendo en fror, ojá maduro fruto.

Perdeu marrando tan ditosa vida
a Humilda preço, a Piadade tempro,
(que derrubou ó Morte túa Gadaña)

O Mundo Reyna, o Rey sua Margarida,
a Fe colúa, a Virtud enxempro
a pedra (cujo en gaste foy) España.
Chore nosa Montaña
do gando, leyte, o novidad espida.

semellando as Abellas no enxempro.
Que si sua Margarida,
Reyna, preço, Colúa, Pedra, Tempro
perden Rey, Mundo, Fe, Virtud, España


tu que tal perda viche
ó magoada Galizia que perdiche?

 

 

(Xoán Gómez Tonel, Soneto con Falda, 1612).