Oxímoro

Procedemento semellante á antítese, que consiste en pór en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente, mais que no contexto se converten en compatibles.

EXEMPLOS

Meu odiado amigo Amado Noia:

 

Cecais che vaia resultar causa de espanto esta carta miña, carregada que vai de fedores xofrentos e diversos vergallazos. Non agardabas novas de min, teu amigo esquecido e perdido por canellas transversais do tempo. Mais comprende que na soedade do meu cuarto, cun ímprobo silencio de metal xeando a atmosfera, o escribir é labor case obrigado

Prata. Amada e maldita prata