Soneto

Un soneto é unha composición poética de catorce versos hendecasílabos (de once sílabas), dispostos en dous cuartetos e dous tercetos.

EXEMPLOS

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che meten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

Agora, que gastei os meus outonos
e ben entrado xa no propio inverno,
acredito no fugaz e no eterno
e só me asusta o raio, non os tronos.

Un, dende fai moitos anos, comprendeu
que todo é asegún e relativo
e ninguén é tan bo nen tan cativo,
nen podemos prescindir do propio eu.

Gardo dentro de min toda a fragancia
dos amados rincós da miña infancia
e os recendos que tiña a vella casa.

Foi chama o meu amor. Agora é brasa.
Saleta sempre. Perdón pola arrogancia:
"A luz é poderosa. A tebra, escasa."