Omisión dunha palabra que se expresa na primeira de varias oracións e se suprime no resto. A diferenza da elipse, neste caso sempre aparece o elemento expreso ao principio e sobreentendido despois.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará