Álvarez de Nóvoa, Francisco

Álvarez de Nóvoa, Francisco
Granada, 1873 - Ourense, 1936
Álvarez de Nóvoa, Francisco

Francisco Álvarez de Nóvoa, de orixe ourensá, naceu en Granada o 11 de xuño de 1873 e faleceu en Ourense, o 13 de xuño de 1936.

No 1892, con dezanove anos, regresou a Galiza, país de orixe dos seus proxenitores, para establecerse en Ourense, onde desenvolveu unha intensa actividade xornalística, a través da súa colaboración en xornais como El Noticiero e en La Defensa de Galicia. As súas primeiras obras coñecidas de narrativa,apareceron na revista El Derecho. Trátase de dez pezas breves, publicadas baixo os seguintes títulos : O espertarN-a Torre d' ÉrculesN-o SolazN-o MandeoN-a CampazaN-a ponte dos CorosPontevedraBaixo unha caracocha (Mariña de Betanzos)Galicia A unha muller. Na citada revista asinou diversos artigos de crítica literaria; deu a coñecer varias poesías propias e, en 1894, as súas Paisaxes en prosa. Mais o recoñecemento do seu labor como escritor chegaríalle gracias aos textos que, baixo o título de Agujetas, aparecerían nas páxinas do diario El Miño

En 1906 foi designado membro correspondente da Real Academia Galega.e, tres anos despois, viaxa a Portugal para instalarse despois no Brasil e, posteriormente, en Buenos Aires,onde, a maiores de participar activamente nas actividades da comunidade galega, exerce como xornalista, chegando a fundar, no 1913,  o diario La Voz de Galicia, xunto con Fortunato Cruces Angueira, escritor e xornalista galego afincado na antedita cidade bonaerense.

En 1915 regresa definitivamente a Ourense. Nesta cidade, publica periodicamente en diferentes xornais e dirixe El Miño, El Diario de Ourense La Voz Pública .
No volume Pé das Burgas (1899) o xornalista reuníu a súa obra en prosa, redixida antes dos vinte e cinco anos (a partir deste momento non voltaría a cultivar a narrativa na nosa lingua). Nela anunciábase a renovación que anos despois protagonizarían as Irmandades da Fala, canto á construción dunha prosa galega moderna. A escrita do autor caracterízase pola procura dunha linguaxe culta e libre de dialectalismos, así como pola fuxida do folclorismo, sentando as bases do conto psicolóxico, protagonizado por personaxes alleas ao mundo rural.
Para alén da narrativa e da poesía, Álvarez de Nóvoa cultivou tamén o xénero dramático; mais O señor dalegado, unha peza de carácter cómico que foi estreada, non chegou a ser publicada.