Xiana Arias Rego, nada na Fonsagrada o 28 de maio de 1983, é unha poetisa e xornalista galega.
Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista na Radio Galega no programa Diario Cultural e en Onda Vital ata 2020.
O seu primeiro poemario, Ortigas, foi o gañador do Premio de poesía Pérez Parallé no ano 2006. Colabora na revista Xistral e na publicación Pirata en apoio ao Cineclube de Compostela, onde publicou a serie Cleo de dez a doce. No ano 2009, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.
Como música, toca o baixo no grupo Atrás Tigre. Como actriz participou no filme A estación violenta.