Profesor de ensino medio. Ten publicado publicado relatos e recensións e colaborado en libros de texto. Gañou o I Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e o Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001). En 2002 gañou o certame Manuel Murguía de narracións breves con Soñar pedras con fútbol. En 2016 gañou o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra Nordeste. Asemade foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia e do Premio San Clemente en 2017. No ano 2018 obtivo o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu coa obra Transmatria. En 2020 o XX Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña no 2020 por Contra natura, compartido con Lupe Gómez.