Natural de Santiago de Compostela. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, profesora de educación secundaria, actualmente en excedencia. Desde a época universitaria dedícase á escrita, tendo obtido varios recoñecementos nesta faceta (Premio Esquío de Poesía en lingua galega, pola obra Varias, editada con tal motivo en 1995; Premio Extremadura Xoven de Poesía en 1997 por A oración da pel, etc.) Tamén publicou o poemario de recompilación. A virtude do momento (A Galbana, 2011) e Fillos de Kyoto (A Galbana, 2016). Desde 1996 é escritora de guións en Libre Producciones, tanto das series televisivas coma dos seus documentais, anuncios e ficcións.