Flores, por exemplo, non recordo, non sei se valen os peixes de cores que había encima da vanguard que mercaron cando nacín. Vivíamos no segundo, ao redor dun patio cincento, unha sucesión de plásticos particulares. As veciñas cantaruxaban sobre eles. Eran gotas soas de auga na tarde inmensa, a hora que paraba a televisión. No piso ras do chan dúas vellas amoreaban leña e varredura. A porta cheiraba tanto que estaban soas, ou tolas, como se non vivisen na cidade. de A vella peneira a noite, Baía, 2001 [Xuño, 2007] |