Resistencia da auga

2018
Xabier-Cordal_Resistencia_da_auga.jpg

Fronte aos dogmas impermeables, Xabier Cordal traza en Resistencia da auga un discurso fluído e lúcido sobre a poesía, as súas formas
posibles e o alento permanente da vida.
Dalgún xeito, este libro que fala do amor, da familia, do activismo político e das linguaxes secretas, redimensiona a obra dun autor que
explorou, como moi poucos na poesía contemporánea, os códigos do indicible. O poeta volve a mirada ás recónditas omoplatas do seu pasado e fai, a partir dese pasado, unha lectura desbordante de símbolos, emocións e síntomas transcendentes. O resultado son poemas de formas ondulantes, prodixiosas, que cativarán as lectoras e os lectores co seu enxeño e habelencia.

Xestado durante anos pero escrito coa intensidade da palabra espontánea, resistencia da auga amosa a sabedoría dun autor que combate e se retorce, que ama sobre todo a explosión atronadora do silencio.

Autoría