Lesta Meis, Xosé

Lesta Meis, Xosé Francisco
Eirís de Arriba- A Coruña, 1887 - Eirís de Abaixo- A Coruña, 1930
Lesta Meis, Xosé

O 16 de marzo de 1887 nace en Eirís de Arriba no Concello de Oza, hoxe Concello da Coruña, Xosé Francisco Lesta Meis, escritor e xornalista. Emigra a Cuba onde de xeito autodidacta mellora a súa formación e dedícase ao xornalismo. Mantén en Eco de Galicia a sección “De mi Tierra” entre 1925 e 1930 e colabora no xornal A Nosa Terra. Formou parte das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente, o mundo rural, a emigración. É autor da novela Estebo.

 

Obras
Estebo (1927)