Jorge Llorca é licenciado en Belas Artes pola Facultade de San Fernando de Madrid e exerceu como profesor na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña ata a súa xubilación. Realizou numerosas exposicións e acadou varios premios de pintura. A súa obra figura en museos e coleccións públicas e privadas.Como escritor, publicou relatos e artigos en distintos xornais e revistas. Foi finalista do Premio de Cuentos Estafeta Literaria e gañador do Premio de Narracións Curtas Ateneo Ferrolán. O Salto do Can (Xerais, 2009) foi o seu primeiro libro de narrativa publicado. Con O violín de Rembrandt gañou a XXXI edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa (2013).