López Martínez, Francisco Manuel

López Martínez, Francisco Manuel
1960
López Martínez, Francisco Manuel


Agardando á raxor tenue do día
ouvindo ese xemer dos xaramiños,
o axirido da fame das gaivotas,
o isócrono rinchar das brogas irtas,
—nesoutro abril, se arduo, arrecendente—
tróuxome miña nai Manuela ó mundo.

[Xuño, 2004]