Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna.É profesora na Escola Superior de Arte Dramática.
Premios
Premio Rúa Nova no 1996, por Neve en abril, ambientada na guerra civil española.
2º premio Modesto R. Figueiredo no 1998, por Cartas que viñan de alén mar.
Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1998, por Canción de amor india.
Premio Xerais no 2002, por Concubinas.
Premio Manuel Murguía no 2005, por Aqueles que retratan o vento.
Finalista do VI Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Non quero ser Doris Day.
Premio Blanco Amor no 2007, por Memoria de cidades sen luz.
Premio Arcebispo San Clemente no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
Premio á mellor obra de narrativa da AELG no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
Premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas no 2016.
Premio Antón Losada Diéguez no 2017, por Aquel día en que eramos malas.