Clepsidras é o título do primeiro poemario de Inma López Silva, unha escritora que desenvolveu unha brillante carreira como narradora e que agora se adentra, por vez primeira, na poesía. Trátase dun libro apaixonante, tanto pola súa escrita como pola ousadía literaria da autora, que experimeta coa voz e cos recordos. Clepsidras é o último Premio Eusebio Lorenzo Baleiron.
En Clepsidras, asistimos en verso real á experiencia dunha escritora que se enfronta á experimentación literaria e, simultaneamente, á descuberta da memoria persoal. Moi poucas veces se dá a oportunidade de ler a unha autora tan exposta e tan consciente da súa exploración. Sobrecolle como se desdobra en filla, nai, esposa, amante, neta. Como se mergulla na profundiade emocional e combate a presión do poema cun sorriso nos labios. Clepsidras apreixa o tempo líquido –inapreixable– e as súas rimas cósmicas, que nos unen máis alá dos lazos de sangue. A súa intimidade desarma a calquera persoa que se achegue a este libro asombroso