Etapa Medieval
Caracterización xeral. Cantigas de escarnio e maldicer
Estrutura formal

A versificación medieval apresenta certas características que a diferencian da actual. O cómputo silábico dos versos ( palavras ) facíase até a última vocal acentuada:

Pelo Souto de Cre cen te (7, grave)
Par Deus, ai dona Leo nor (8, agudo)

Os metros máis utilizados eran os de oito, dez e sete sílabas ( octosílabo , decasílabo e redondillo ),e as estrofas ( cobras ) máis frecuentes eran as de seis, sete ou tres versos.

En canto ás rimas, aínda que a Arte de Trovar considera de "máis arte" que sexa a mesma para todas as estrofas ( cobras unisonans ),o habitual é que cada estrofa leve a súa propia rima ( cobras singulares).

Formalmente, a estrutura da Cantiga de escarnio e maldicer non se afasta en nada dos outros xéneros, a de amor e amigo. Na Arte de Trovar

Capitular no Tumbo da Catedral de Santiago.

clasifícanse en cantigas de meestría e cantigas de refrán.

Son cantigas de mestría aquelas que están formadas por tres ou catro estrofas ( cobras ), xeralmente de sete versos. Denomínanse de refrán aquelas en que o/os último/s verso/s se repiten en cada estrofa a modo de estribillo. A maior parte das cantigas de escarnio e maldicer son de mestría.

Os recursos estilísticos máis utilizados no xénero de escarnio son a ironía e a aequivocatio . A ironía consiste en afirmar o contrario do que se pensa, e recibe o nome de sarcasmo cando chega a crueldade. A aequivocatio , como xa vimos, consiste en xogar co duplo sentido das palabras. Este recurso é o máis empregado nas cantigas de carácter erótico, onde palabras como casa, pousada, maeta ("maleta"), buraco, arca, que teñen en común o trazo semántico de "recinto interior", fan referencia ao órgano sexual feminino; mentres madeira, bastón ou peça ("peza") ,que teñen o trazo semántico da "dureza", son empregadas para designar o órgano sexual masculino.

A riqueza léxica das cantigas de escarnio e maldicer é enorme abranxendo practicamente todos os campos semánticos da vida cotiá, desde as partes do corpo humano até o vestiario, a paisaxe, a flora, a fauna e múltiples actividades do home medieval.

IMAXES