Etapa Medieval
Caracterización xeral. Cantigas de escarnio e maldicer
Valoración e pervivencia

Falamos xa do tardío que foi o coñecemento da toda a lírica medieval e, en concreto, de que ata 1965 non se editaron as Cantigas de Escarnio e Maldicer. Isto debeuse, como xa apuntamos, a que para os estudiosos de comezos de século (Carolina Michaëlis, Teófilo Braga, José Joaquim Nunes), estas cantigas non pasaban de ser un compendio de obscenidades que máis valía agachar, tanto polo bo nome dos autores (entre os que figuran varios reis) como por "orgullo nacional". Desta forma, os trobadores de escarnio e maldicer pasaron a engrosar as fileiras dos poetas malditos.

Estampa dun funambulista portando un instrumento musical.

Evidentemente, os criterios morais dos séculos XIX e XX non teñen nada a ver co mundo medieval, época en que, a pesar de ser cualificada de escurantista, florece este tipo de literatura.

Na literatura galega actual a tradición desta poesía satírica foi continuada por Celso Emilio Ferreiro en Cantigas de escarnio e maldicer (Caracas, 1968) e Cemiterio privado (Xenebra, 1973) e, aínda que fican inéditos, moitos dos nosos poetas contemporáneos fan circular de boca en boca escarnios contra os seus colegas, revivindo así a máis pura tradición medieval, porque non só renovan o xénero, senón tamén a súa característica de literatura oral.

IMAXES