Etapa Medieval
Cantigas de amor. Cantigas de amigo
Cantigas de Amor

A Arte de Trovar distingue, dentro das cantigas amorosas, aquelas en que se move a razón dele ( Cantigas de Amor ), e aquelas en que se move a razón dela ( Cantigas de Amigo ). Isto quere dicir que a voz que escoitamos nas Cantigas de Amor é a do trobador cantando a súa dama, mentres que nas de Amigo o trobador crea a ficción literaria de que é unha muller a que canta.

A cantiga de amor é o xénero máis vinculado á lírica provenzal porque nel se realiza unha adaptación á sociedade, á mentalidade e á cultura galego-portuguesa da teoría do Amor Cortés creada pola cultura trobadoresca occitana.

IMAXES