Etapa Medieval
Cantigas de Santa María. Prolongacións da escola trobadoresca
Fontes

As Cantigas de Santa María pretenden ser un compendio de todas as obras dedicadas á Virxe que a preceden e isto implica, por tanto, que as súas fontes son moi variadas. Poden agruparse en orais e escritas. Como fontes orais utiliza todas as lendas tradicionais da península, as de Armenteira, Nª Señora de Tudía, Nª Señora de Monserrat, Sta. María de Évora, Sta. María de Salas... así como experiencias e lembranzas do rei e os seus colaboradores.

Páxina das  Cantigas de Santa María  do Escorial.

As fontes escritas comprenden, sobre todo, obras francesas e alemanas:

  1. Coleccións latinas de narracións, lendas e milagres, tanto da Virxe como de santos (que son atribuídos nas Cantigas de Santa María á Virxe): Speculum Historiae, de Vicente de Beauvois, De miraculis beatae Virginia Mariae, de Gualterius, etc.
  2. Coleccións latinas feitas para glorificar santuarios de sona: Miracula Beatae Mariae Virginis in Cartonensi ecclesia facta ,de Chartres, De mira culis Sanctae Mariae Laudunensis ,de Herman de Laon, etc.
  3. Coleccións en linguas romances: Les miracles de la Sainte Vierge ,de Gautier de Coinci.

IMAXES