Etapa Medieval
Cantigas de amor. Cantigas de amigo
Outros xéneros

Fican por nomear tres tipos de cantigas sobre as que os estudiosos discuten se son xéneros híbridos ou menores: o pranto, o descordo e o exordio. O pranto é unha composición en que o trobador expresa a súa dor pola perda dunha persoa. Na nosa lírica consérvanse cinco, catro deles da autoría de Pero da Ponte. Do mesmo autor é o único exordio con que contamos; neste caso trátase dun poema de louvanza a Fernando III pola conquista de Sevilla. O descordo ,xénero provenzal caracterizado pola variedade formal dentro das estrofas, tamén está representado nos Cancioneiros por unha única cantiga.

Neste apartado poderían incluirse outros tipos de cantigas das que xa falamos: a pastorela ,a tensón ,o partimen e o lais.

 

IMAXES