Dixemos xa que as cantigas de amigo foron, e son, as alfaias da lírica medieval; o de amigo é o xénero por excelencia da literatura galego-portuguesa. A frescura e aparente sinxeleza das cantigas de muller seduciron os estudiosos, que viron nelas un espírito lírico independente e a xenuína expresión da alma galega. Foron as primeiras en chegaren ao público e as máis celebradas en todas as épocas.
Ornamentación para a capa de Nao Senlleira , de Fermín Bouza Brey.
Aínda que a existencia dos Cancioneiros era coñecida entre os nosos escritores xa no século pasado, ata a edición que fai José Joaquim Nunes en 1928 non se popularizan. O seu coñecemento vai servir de base para un dos "ismos" das vangardas, o Neotrobadorismo. O primeiro poema escrito imitando os trotadores medievais é de Johan Vicente Viqueira , aínda que se considera a Fermín Bouza Brei como creador do movemento.
Dentro desta vangarda, pódense distinguir tres formas de recreación do mundo lírico medieval:
O Neotrobadorismo ten como obra inaugural Nao senlleira ,de Fermín Bouza Brei, e alcanza os cumes máis altos con (1933) e Cantiga nova que se chama riveira Dona do corpo delgado (1950), de Álvaro Cunqueiro. A pegada da lírica medieval non se esgotou nas xeracións de poetas anteriores á revolta do 36 e achámola tamén en Luz Pozo Garza , Cuña Novas, X. Díaz Jácome, etc.