Introdución
Definición, características e periodización da literatura galega
Periodización da Literatura Galega

O profesor Carvalho Calero tense referido a tres grandes ciclos na historia da nosa lingua e literatura: o ciclo antigo (s. XIII-XV); o ciclo medio (s. XVI-XVIII) e o ciclo moderno (s. XIX-XX). O primeiro sería o da normalidade e esplendor medieval; o segundo, o dos séculos escuros, coa práctica desaparición da literatura galega como tal; o terceiro, no que aínda estamos, o da batalla pola normalidade e a restauración plena da nosa lingua e literatura.

Partindo basicamente deste criterio, expomos no cadro a periodización, debidamente fundamentada, que aplicamos nestas análises.

Periodización da Literatura Galega, segundo Carvalho Calero

IMAXES