Atlantismo

O Atlantismo ven ser unha redefinición do celtismo especialmente da visión de Vicente Risco.

Risco entendía que a civilización mediterránea se desfacía e entendía que a arte occidental estaba estancada desde o mesmo Renacemento xa que este, ao coutar o desenvolvemento do estilo gótico, o que fixo foi tapar todos os canos da fonte de inspiración. Por iso necesitaba volver ás orixes, buscar novas formas espirituais de inspiración, e el estaba disposto a ser o guía dos artistas galegos. Nesta decadencia e neste desfacerse dos valores clásicos vía un deslocamento cara ao Atlántico e unha oportunidade para que os pobos célticos poidan entrar de novo na escea da historia e, así, poder situar Galicia como entidade criadora no alborexar da nova civilización atlántica.

Todo o atlantismo e o celtismo de Risco hai que entendelo como unha forma de reivindicar un pasado que nos diferencia e que nos une a outros pobos irmáns, un pasado que nos ten que axudar a liberar do asoballamento que nos quere facer iguais a outros. Entendía que a nosa oportunidade de contribuír a crear valores universais, de galeguizar o mundo e non cosmopolizar Galicia,estaba en preservarmos as nosas enerxías autóctonas. Para isto había que mirar cara a dentro, recuperar o noso patrimonio espiritual alí onde cría que estaba menos contaminado e afondar na nosa tradición ou, o que era o mesmo, no desenvolvemento normal da nosa cultura, buscar o que en nós é orixinal, en definitiva ser enxebristas.

Integrantes
Risco, Vicente (1884) - (1963)