Batallón Literario da Costa da Morte

Mil novecentos noventa e seis (1996)

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo literario formado por escritores orixinarios ou relacionados con esta parte da Galiza  Constituído en 1996, integrárono membros dos grupos Blas Espín, Arre Sentelha! ou Un medio, aos que se unían outros que non pertencían a ningún destes grupos. Entre as súas actividades destacan os recitais poéticos, a publicación de Feros Corvos e o Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, celebrado en Cee (1996) e Corcubión (1997). Entre os seus membros destacan Estevo Creus, David Creus, Alexandre Nerium, Miro Villar, Rafa Villar, María Lado, Modesto Fraga e Marilar Aleixandre.