O Grupo Brais Pinto creado en 1958 por estudantes e traballadores galegos residentes en Madrid vai ser unha realidade heteroxénea tanto na súa composición social como polas motivacións diversas que levaron á incorporación dos seus membros.
Brais Pinto estaba formado por Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, César Arias, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Ramón Lourenzo, Herminio Barreiro, Xosé Alexandre Cribeiro ou Xosé Fernández Ferreiro.
Fernández Ferreiro propuxo o nome Brais Pinto, apoiándoo na historia ficticia dun afiador do mesmo nome procedente de Nogueira de Ramuín e tería finado traxicamente en Madrid, cidade onde residían estes mozos. En 'homenaxe' ao imaxinario afiador, o símbolo con que se identificaba o grupo incluía unha roda de afiar.