O grupo Brais Pinto fundado no ano 1958 en Madrid, foi un grupo de compromiso galeguista. Integrábano mozos con ideoloxía de esquerdas e/ou nacionalista, tales como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, César Arias, Herminio Barreiro, Xosé Alexandre Cribeiro e Xosé Ramón Fernández-Oxea ("Ben-Cho-Shey").
Fundaron unha editora co mesmo nome mediante a cal publicaron diferentes obras. A primeira delas foi Bocarribeira, o único poemario que Otero Pedrayo publicou en vida.