Según Caneiro, esta obra é «conceptista» por ser un «xogo intelectual de asombrar ó lector»; tamén é fantástica, porque os seus personaxes van «contra a lóxica, contra a razón». É xistencialista, xa que os personaxes se preguntan «onde van, que buscan»; e ata é unha novela kafkiana porque «todo o que a rodea é tan abrumador que os desexos non teñen importancia».