Alfaias na lama: Poesía selecta 1990-2020

2020
61K3N5tzXOL._AC_UF10001000_QL80_.jpg

Small Stations Press publica unha escolma da poesía do galego Martín Veiga, afincado en Cork, Recóllese obra dos últimos trinta anos nunha edición bilingüe galego-inglés, Alfaias na lama: Poesía selecta 1990-2020 / Jewels in the Mud: Selected Poems 1990-2020. Os poemas están escollidos e presentados polo compañeiro poeta galego Xosé María Álvarez Cáccamo, mentres a tradución é obra do poeta irlandés contemporáneo Keith Payne, o que significa que o lector ten nas súas mans o traballo colaborativo de tres poetas no auge das súas capacidades. Nestes corenta e cinco poemas, Veiga lévanos desde a costa atlántica da súa infancia en Noia, a Cork en Irlanda, onde vive dende hai máis de vinte anos. Esta partida das súas rías natais levouno, a través do matrimonio e a paternidade, a unha maior serenidade e profundidade de visión que deleitará e conmoverá, inspirará e sorprenderá en igual medida. Este é o percorrido que todos estamos obrigados a facer, desde a quimera do eu que construímos con titubeos ata o eu substancial que só pode ser o don doutra persoa.

Autoría