Veiga, Martín

Veiga Alonso, Martín
Noia, 1970
Veiga, Martín

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.

Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies" do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e na actualidade é profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.

Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Grande parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.