Berlín

2005
berlin.jpg

María Lado invéntase un amante neste poema ao que chama Berlín, por ter un ollo dunha cor e outro doutra. Coñécense en Santiago de Compostela, para ela, a cidade do amor. Recorda a primeira vez que o viu. Narra a historia de amor como se fose un recordo e fala dela con nostalxia. Ao longo do poema fai un percorrido por Santiago. Describe cada un dos recunchos nos que paran e explica que sentido teñen para os dous amantes. Pasa polo Obradoiro, a praza da Quintana, a Alameda... Cada un destes lugares teñen unha función distinta, e ela dálles un significado totalmente persoal. Ao final do poema, os amantes sepáranse. Escríbense cartas ata que un día, estas, desaparecen misteriosamente e María non volve a saber máis del.

Autoría