O pánico apoderouse da cidade. Punto.
Se eu fose periodista escribiría outra frase, outro verbo, pero aos periodistas gústalles escribir que o pánico, a alegría, o fútbol, a néboa, a chuvia, o sol… apodéranse das cidades. Cada vez son máis tristes as crónicas. Cada vez é máis triste a tristeza, maldita. Por tal motivo eu golpeo esta máquina de escribir, para escribirme. Ou para buscarme. Son desa clase de tipos que pasou toda a súa vida correndo detrás da felicidade. Encontreina algunha vez. Velaquí o único problema: encontrar a felicidade. Despois só queda recordar. Sigo