Os Contos da xustiza son anécdotas protagonizadas por xente que entende de Xustiza con Xe maiúsculo, ben diferente ás veces da xustiza entendida como conxunto de institucións do Estado e de principios e prácticas legais. Un libro aparentemente atípico que revela, mostrando unha galería de artefactos da imaxinación creadora de autores de recoñecido prestixio nas nosas letras, a visión da Xustiza nos galegos de hogano.