Criminal

1994
criminal.jpg

Un asasinato múltiple cometido no medio rural galego é o punto de partida argumental que aproveita Xurxo Borrazás. O cadáver dun home xace á entrada dunha eira e, así e todo, ese home morto é o que comeza a narración.

FRAGMENTOS DA OBRA

I

Aquí sigo, deitado á entrada da eira, ollando para o ceo cos ollos pechados; cos brazos abertos e a perna estricada, tirado na herba mollada.
Non me doe nada. E doer doeu, é certo; pero agora é nada o que eu sinto .
A cancela de táboas permanece aberta e bate frouxa no marco de pedra. O  Moino dá voltas arredor de min. Anda a cheirarme
Pasou unha hora e non veu ninguén. No alto da casa minguou o fume da cheminea, e o vento zoa maino e constante nas pólas dos eucaliptos.

As nubes pousan nun ceo invisible. As nubes grises, escuras, encubridoras. As nubes inmóbiles, pesadas e baixas que agochan malvadas os acontecementos da terra, como o resío pousa na mañanciña. Coma nun leito frío e silandeiro.

Non o vexo a el nin a vexo a ela. Os dous ...