As lembranzas de José Casal van acompañadas por unha introdución de Alberte Blanco, investigador e integrante da familia Casal, que fixo unha contextualización da época que permite entender con claridade o que conta o diario. Ademais, a publicación inclúe un limiar de Xosé Álvarez Cáccamo, presidente de ‘A Regaduxa-Memoria Histórica de Vilaboa’, a quen a nacionalista agradeceu o traballo feito na memoria, “consciente de que levades décadas asumindo un traballo que correspondería ás institucións democráticas”.