Memoria de Helena e María

2009
2009-xullo-memoria_de_helena_e_maria.jpg

Neste texto teatral por medio de monólogos que se alternan (e, ás veces, entrecrúzanse) coñecemos a historia de Helena e a súa filla María. Unha historia que se inicia en 1936 e prolóngase ata 1995. Helena, a nai, fálanos desde os anos 50, mentres que María, a filla, faio desde 1995. Dous puntos en dúas vidas que serven para que o espectador vaia encaixando as pezas dunha historia de dúas vidas marcadas polo horror da Guerra Civil española. Unha historia de recordos, de memorias, como di o título, que nos permite ter diferentes puntos de vista da mesma historia: nai e filla cóntannos as súas historias, e a que cren que foi a historia da outra… Pero só o espectador ten todos os datos para entender a traxedia en toda a súa crúa nudez.