Salgueiro González, Roberto

Salgueiro González, Roberto
1966
Salgueiro González, Roberto
Roberto Salgueiro González (Caracas, 1966)


Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela
DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada

Premio Álvaro Cunqueiro 1988, con O arce do xardín
Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro 1989, con Historia de Neera
Premio Álvaro Cunqueiro 2000, con Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
Finalista do Premio Rafael Dieste 2001, con Matanza
Premio Álvaro Cunqueiro 2002, con Molière final
Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro 2002, con Apnea
Premio de Teatro Abrente 2006, con Memoria de Helena e María

Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1990, ten publicado diversos ensaios e traducións sobre a práctica teatral e dirixido para diversas compañías de teatro e institucións públicas.

Os seus traballos como director de escena e autor presentáronse en numerosas localidades de Galicia e España así como en Bélxica, Francia, Paises Baixos, Noruega, Alemaña, Portugal, Marrocos, Porto Rico, Estados Unidos...


[Setembro, 2007]