
A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia.
Autoría