Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galcia, céntrase no período que vai do final da Guerra Civil ao remate dos anos corenta. Nas catacumbas enfronta o lector ou lectora coa realidade dunha posguerra cruel, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e aferrollada polo medo.