O vicio nefando

2009
o_vicio_nefando.jpg

Cosme Damián Ferro Barreiro, estudante opositor e narrador novel, preséntasenos como prototipo de escritor que non só ten que combater a indecisión ante a súa obra e a insatisfacción ante unha experiencia vital non moi asumida, senón tamén o poder case divino que se atribúen as editoras sobre a obra literaria, con argumentos en que pesan sempre máis os criterios mercantilistas que os propios literarios.